Vídeo “Telón Quitao de Nadal” 2017
Agradecemos a colaboración de UN AMIGO DE MADRID EN VIGO
Felicitación de Nadal
Fotografías “Telón Quitao de Nadal” 2017
Vídeo inauguración “Telón Quitao de Nadal” 2017
Onte, a Escola Municipal de Teatro celebrou co alumnado, familiares, amigos e amigas a “Telón Quitao de Nadal” 2017 no Auditorio do Concello de Vigo.
Vos animámos a ver o vídeo da especial inauguración desta mostra que recolle as propostas dos alumnos durante o primeiro trimestre do curso.
Agradecemos a colaboración de Juan Luis Villaverde Iglesias
Programación “Telón Quitao de Nadal” 2017
Vídeo “Ameaza invisible”
Animámosvos a ver o vídeo da representación e do posterior coloquio da obra “Ameaza Invisible” que se realizou no Auditorio do Concello de Vigo o venres 1 de decembro polos alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
O propósito deste proxecto é difundir a información sobre os estudos que realiza o CSIC no ámbito da ecofisioloxía dos mexillóns e as algas tóxicas. Partindo desta temática, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro crearon e escribiron este guión.
Nel se conta a historia dunha intoxicación sufrida por unha serie de persoas nun corto espazo de tempo. Unha vez estas acuden ao hospital, os servizos médicos alertan a varias institucións sobre a continua aparición destes casos nos últimos tempos. A policía entón, ponse a investigar a orixe da intoxicación.
Mentres vemos o desenvolvemento desta realidade, e de xeito paralelo, tamén imos descubrindo aspectos da vida do fondo do mar das nosas rías, descoñecidos habitualmente para nós, pero que afectan á vida diaria dos cidadáns.
Moitas grazas a Jose Antonio Rodríguez Marcos (Un amigo de Madrid en Vigo)