Matrícula (curso 2017-2018)

O período lectivo abarcará dende o día 2 de outubro de 2017 ao 22 de xuño de 2018.

Períodos de preinscripción

  • Do 26 de xuño ao 8 de setembro, ambos os dous incluídos, abrirase o período de preinscrición nas instalacións da Escola Municipal de Teatro na Avda. de Castelao, 87 (interior).
  • preinscripción presencial: do 26 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro.
  • preinscripción on-line: do 26 de xuño ao 8 de setembro
  • Do 14 ao 19 de setembro, ambos os dous incluídos, realizaranse as probas de acceso para os itinerarios Medio e Avanzado.
  • O 22 de setembro, publicarase na Escola Municipal de Teatro a lista do alumnado admitido para o curso escolar 2017/2018 e tamén na páxina web http://hoxe.vigo.org/emt.
  • Do 22 ao 29 de setembro realizarase a formalización da matrícula.
  • As clases comezarán o 2 de outubro con xuntanzas informativas para o alumnado admitido e os pais/nais nos grupos de nenos/as e mozos/as.
  • Si o número de solicitudes nos itinerarios Medio e Avanzado, excede ao de prazas vacantes efectuarase un sorteo público o día 15 de setembro ás 12,00 h nas instalacións da Escola Municipal de Teatro

Solicitudes

Os/as solicitantes que desexen matricularse na EMT deberán cubrir o impreso de preinscrición e presentalo presencialmente, na Avda. de Castelao, 87 (interior) ou on-line, durante o prazo de preinscrición establecido.

Listado de solicitantes: Dado que o número de solicitudes nos itinerarios Dramatización e Básico, excede ás prazas vacantes, efectuaremos un sorteo público o día 15 de setembro ás 12 horas nas instalacións da Escola Municipal de Teatro. No caso dos itinerarios Medio e Avanzado as probas de acceso realizaranse do 14 ao 19 de setembro.
Os solicitantes de praza que foran admitidos nas listaxes do día 22 de setembro, deberán formalizar a matrícula nas instalacións da Escola Municipal de Teatro de Vigo, na Avenida de Castelao, 87 (interior), entre o 22 e o 29 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 de luns a venres.

No primeiro recibo do mes de outubro cargaráse o importe da primeira mensualidade máis o da matrícula.

  • Matrícula: 25,85 €
  • Mensualidade: 22,40 €

Taxas e solicitude de exención de taxas

 

Prezos públicos Escolas Municipais

Exención de taxas: Este trámite está dirixido aos membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 3.934 euros. Tamén se poden acoller familias numerosas os ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 6.155 euros. Máis información: https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=179&lang=ga

IMPRESO para solicitar a solicitude de EXENCIÓN DO PREZO PÚBLICO para o curso 2017-2018

DOCUMENTACIÓN para presentar co impreso da solicitude de EXENCIÓN DO PREZO PÚBLICO para o curso 2017-2018

Documentación

Os/as solicitantes de praza que resulten admitidos/as, aportaran a seguinte documentación, no momento de formalizar a matrícula:

  • Unha fotografía tamaño carné (Soamente alumnos de primeira matrícula)
  • Fotocopia do DNI (Se o alumno/a ten DNI e soamente alumnos de primeira matrícula)
  • Número de conta bancaria cos 20 díxitos para a domiciliación dos recibos. (Será necesario completar e firmar unha autorización bancaria na escola).

Criterios de admisión

O alumnado que desexe inscribirse na EMT deberán facer a correspondente solicitude atendendo ás seguintes condicións xerais:

Criterios de admisión xenéricos para todos os niveis ofertados:

  • So poderán acceder á Escola Municipal de Teatro o alumnos/as empadroados/as en Vigo.
  • O alumnado matriculado no anterior curso escolar, terá preferencia na reserva de praza. Farase un periodo de reserva de matrícula do 16 de maio ao 2 de xuño.
  • As probas de acceso para os itinerarios Medio e Avanzado serán do 14 ao 19 de setembro, ambos os dous incluídos, previa cita e consistirán na lectura e comprensión  dun texto teatral proposto pola EMT, e unha entrevista persoal.
  • Ao final do curso o alumnado que remate Itinerario recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia, sempre que non sobrepasen o número de faltas permitidas.

Tramitación

A Escola Municipal de Teatro de Vigo recollerá e organizará as solicitudes recibidas nos distintos cursos programados, e de ser o caso, convocará o sorteo público o día 15 de setembro.

Nos itinerarios Medio e Avanzado, a comisión de baremación, tralas probas pertinentes, proporá a lista definitiva de admitidos/as e estará formada por:

  • A directora da escola.
  • O xefe de estudos.
  • Os/as mestres/as de cada unhas das especialidades.
  • O Xefe do Servizo de Educación.
  • O Técnico do Servizo de Educación.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s