Representación Don Juan Tenorio

Alumnado da Escola Municipal de Teatro de Vigo representará o mércores 31 de outubro ás 19:00 h a obra “Don Juan Tenorio” no Auditorio do Concello de Vigo.

A entrada é gratuíta e libre ata completar aforamento.

Unha vil aposta pon en evidencia a imaxe de sedutor, valente e ousado Don Juan Tenorio, tras quedar sorprendido por unha muller con quen tentaba xogar á conquista. Don Juan emprende unha loita persoal para comprender o porqué do seu amor a Inés, deixando atrás o seu pasado de home burlador e mullereiro.

Ao quedar convencido dos seus sentimentos por Inés enfróntase aos incrédulos tras querer oficializar o seu amor. Ante a oposición, enfrontamentos e fatalidades vese na obrigación de fuxir abandonando o amor por Inés, desatando a máis extrema pena nela. Tras anos de esconderse, Don Juan, volve onde supoñía reencontraríase co seu amor, para a súa sorpresa as cousas xa eran diferentes.

 

Anuncios

Listaxes definitivas curso 2018-19

As persoas aceptadas por sorteo realizarán a matrícula entre o 24 e 28 de setembro (ambos inclusive) de 10:00 a 13:00 nas instalacións da Escola Municipal de Teatro. O venres 21 enviaráselles un email informando da documentación necesaria para formalizar a matrícula, horarios do curso, etc.
Os aspirantes que realizaron a proba de acceso e teñen a categoría de apto, deberán esperar confirmación por parte da EMT de que hai prazas dispoñibles no seu grupo.
Ás persoas en lista de agarda informaráselles telefonicamente no momento de que se produza unha baixa ou renuncia no seu itinerario. Ata o 31 de xaneiro é posible matricularse na EMT.

Listaxes solicitantes 2018-19

Nos seguintes enlaces poderá descargar as listaxes de alumnos matriculados, con reserva e preinscritos no curso 2018/2019 de cada nivel que ofrece a Escola Municipal de Teatro.

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Dramatización

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Básico I, II e III 9-11 anos

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Básico I, II e III 12-15 anos

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Básico I, II e III +16 anos

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Medio I, II e III 12-15 anos

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Medio I, II e III +16 anos

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Avanzado I e II

Lista solicitantes 2018-19 Itinerario Foragrup

Xornadas Teatrais EMT 2018

 

Durante o mes de xuño os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro, farán un percorrido pola historia, representando diversas creacións artísticas que mostran etapas importantes da historia do teatro. Estes espectáculos desenvolvéronse ao longo deste curso escolar.

A programación xeral é a seguinte:

MARTES 12 DE XUÑO

  • 17:00 h “Sen darnos conta, fixemos teatro!”
  • 17:30 h “Festas Dionisíacas”
  • 18:30 h “Un conto tolo”
  • 18:50 h “Soño dunha noite de verán”

MÉRCORES 13 DE XUÑO

  • 17:00 h “Primeira vez”
  • 18:30 h “A lenda de Xoán Bonome”
  • 20:00 h “A tartaruga de Darwin”

SÁBADO 16 DE XUÑO

Na programación deste día houbo un cambio horario, a continuación indicámoslle as horas correctas de cada actuación.

  • 19:00 h “O anel máxico”
  • 21:00 h “Don Juan Tenorio”