Xornadas Teatrais EMT 2018

 

Durante o mes de xuño os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Teatro, farán un percorrido pola historia, representando diversas creacións artísticas que mostran etapas importantes da historia do teatro. Estes espectáculos desenvolvéronse ao longo deste curso escolar.

A programación xeral é a seguinte:

MARTES 12 DE XUÑO

  • 17:00 h “Sen darnos conta, fixemos teatro!”
  • 17:30 h “Festas Dionisíacas”
  • 18:30 h “Un conto tolo”
  • 18:50 h “Soño dunha noite de verán”

MÉRCORES 13 DE XUÑO

  • 17:00 h “Primeira vez”
  • 18:30 h “A lenda de Xoán Bonome”
  • 20:00 h “A tartaruga de Darwin”

SÁBADO 16 DE XUÑO

Na programación deste día houbo un cambio horario, a continuación indicámoslle as horas correctas de cada actuación.

  • 19:00 h “O anel máxico”
  • 21:00 h “Don Juan Tenorio”
Anuncios

Obradoiros de verán 2018 EMT

No mes de xullo a Escola Municipal de Teatro oferta os seguintes obradoiros monográdicos: TEATRO EN INGLÉS e INICIACIÓN Á COMMEDIA DELL`ARTE

O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 21 de maio e finalizará o 11 de xuño.

As preinscricións poderán facerse nas instalacións da escola (Avenida de Castelao, 87 – interior), en horario de 17:15 a 20:15 de luns a xoves e de 17:30 a 19:15 os venres.

A publicación dos admitidos será o martes 19 de xuño e a formalización de matrícula do 26 ao 29 de xuño.

Para máis información pódese contactar no 986 485 324 ou a tavés do correo electrónico em.teatro@vigo.org

DESCARGAR FICHA DE PREINSCRICIÓN