Entroido 2018

Durante o Entroido, a Escola Municipal de Teatro de Vigo desenvolverá diferentes actividades para animar esta celebración. En todas elas contaremos co acompañamento da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD).

Para levar a cabo as tres animacións que se detallan a continuación, solicitamos a colaboración do alumnado, familiares, amigos e antigos alumnos.

  1. A actividade do venres 9 de febreiro consistirá en pasear cos cabezudos de contos infantís desde o farol da rúa Princípe ata a Porta do sol. O obxectivo é animar aos transeúntes durante este pequeno traxecto e logo ir ao pregón de apertura na Porta do Sol ás 20:30.

Esta actividade é a única exclusiva para alumnado do curso actual. Ademais, terán prioridade os alumnos e alumnas que participaron na Cabalgata de Reis 2018, debido a que algúns traxes están adaptados á súa complexión.

  1. O martes 13 de febreiro realizarase a queima do Meco. Para iso deberase estar ás 22:30 na praza da Constitución para acompañalo ata a Porta do Sol, onde terá lugar a súa incineración aproximadamente ás 23:15. A intención é crear un ambiente funerario e por iso o único requisito é levar unha indumentaria tétrica (vestir un traxe de morte, esqueleto, zombi…) Unha vez queimado o Meco, outra animación depositará as súas cinzas no seu cadaleito.

Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto e a idade mínima para participar é 9 anos

  1. Por último, o mércores 14 de febreiro ás 18:30 procederase co enterro do Meco. Neste caso, búscase crear un ambiente de velorio e realizarase unha comparsa de chorones e choronas, do mesmo xeito que en anos anteriores. O percorrido será rúa Príncipe- Colón-Policarpo Sanz-Porta do Sol.

Os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun familiar adulto e a idade mínima para participar é 4 anos

As persoas interesadas en participar en todas ou nalgunha das actividades, poden apuntarse na secretaría da escola a partir do mércores 17 de xaneiro ata o luns 5 de febreiro.

Realizarase un ensaio o mércores 7 de febreiro onde explicaremos en detalle a organización e resolveremos dúbidas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s