Representación “Ameaza invisible”

O vindeiro sábado 25 de novembro ás 12:00 no Auditorio do Concello de Vigo alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo representarán a obra “Ameaza invisible”

Este espectáculo é unha creación colectiva desenvolvido coa colaboración do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e nel abárcase a temática da ecofisioloxía dos mexillóns. Esta proposta divulgativa pretende achegar o mundo da investigación científica aos espectadores de forma sinxela e divertida, sen esquecer a intención formativa.

Entrada libre ata completar aforamento.

Anuncios

Representación “Deus unha comedia”

Animámoslles a asistir este sábado 18 de novembro ás 20:30 na asociación Val do Fragoso á obra de teatro “Deus unha comedia”. Adaptación da obra teatral de Woody Allen.

Está obra representaraa o Grupo Teatro Fauna 113, formado por antigos alumnos da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

Ademais, o vindeiro luns 20 de novembro ás 19:30 realizarase nas instalacións da escola unha charla-coloquio cos actores e actrices desta compañía, para falar sobre o seu proceso creativo.
Soamente para alumnos da escola do curso 2017-18

IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar

Estamos iniciando a organización das IX XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR. Aqueles centros interesados en participar poden poñerse en contacto coa Escola Municipal de Teatro a través do correo em.teatro@vigo.org ou no teléfono 986 485 324 de luns a mércores de 17:00 a 20:30, os xoves de 17:15 a 20:30 e os venres de 17:30 a 19:15