Obradoiros verán 2017 EMT

No mes de xullo a Escola oferta os seguntes obradoiros monográficos: TEATRO EN INGLÉS e TEATRO DOS SENTIDOS

O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 29 de maio e finalizará o 22 de xuño.

As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao, 87 – interior), en horario de 17:00 a 20:30 de luns a xoves e de 17:30 a 19:30 os venres.

DESCARGAR FICHA PREINSCRICIÓN

A publicación dos admitidos será o día 23 de xuño e a formalización de matrícula do 26 ao 30 de xuño.

Para máis información pódese contactar no 986 485 324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

Anuncios