Modificación datas VII Xornadas de Teatro Escolar

programa web VII Xornadas-1

Por motivos alleos á Escola Municipal de Teatro de Vigo modificouse a programación das VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar, que finalmente se celebrarán o 4, 5, 9, 10 e 18 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.

Anuncios

Participa nun Simulacro de Accidente Aéreo

O 9 de xullo realizarase un Simulacro Xeral de Accidente Aéreo, e o aeroporto de Vigo necesita 50 ou 60 voluntarios para representar aos pasaxeiros, tripulantes, familiares, etc., os voluntarios deben ter de 15 anos en adiante.

Se queredes participar, na secretaría da Escola Municipal de Teatro vos daran os datos de contacto.

Carteis “Blablerías” e “Realidades de papel e tinta”

 

BlableríasRealidades de papel e tinta

Estos son os carteis das obras que se representaran no evento “Trazos nas Táboas” na Escola Municipal de Teatro nos seguintes horarios:

*Venres 22 de abril ás 20:00 e ás 21:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”
*Sábado 23 de abril ás 20:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”

Para conseguir as vosas invitacións, as podedes recoller na oficina da EMT, de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén pódense reservar no teléfono 986 485 324 e mediante correo electrónico, no enderezo em.teatro@vigo.org

Datas Trazos nas Táboas

Programa Trazos nas Táboas (galego)

“Trazos nas Táboas” levaráse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da Escola Municipal de Teatro, situada na Avda. de Castelao nº 87 (interior):

*Venres 22 de abril ás 20:00 e ás 21:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”
*Sábado 23 de abril ás 20:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”

Para poder asistir ás representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do venres 15 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén pódense reservar no teléfono 986 485 324 e mediante correo electrónico, no enderezo em.teatro@vigo.org