XORNADAS TEATRAIS DA EMT 2015

XORNADAS TEATRAIS 2015Os días 10 e 11 de xuño terán lugar no auditorio do Concello de Vigo as Xornadas Teatrais da EMT 2015, nas que os/as alumnos/as amosan os seus traballos de fin de curso.

PROGRAMACIÓN:

Mércores 10 de xuño

  • 17:00 h: “O regalo da bruxa”. Ana María Fernández
  • 17:40 h: “Brancaneves e os sete ananiños”. Adaptación al gallego del texto de Francisco Javier Bernard Morais
  • 18:20 h: “O merlo branco”. Cándido Pazó
  • 19:25 h: “A festa da Neves”. Margarita Sánchez
  • 21:00 h: “Así que pasen 5 anos”. Federico García Lorca

Xoves 11 de xuño

  • 17:30 h: “O bautizo a paus”. Concha Gómez
  • 18:40 h: ” Presas”. Verónica Fernández e Ignacio del Moral
  • 20:10 h: “Melodías inconclusas”. Creación colectiva del Aula de Repertorio
  • 21:30 h: “Comedia Bífida”. Manuel Núñez Singala
  • 20:00 h: “Así que pasen 5 anos”. Federico García Lorca.
Anuncios

Obradoiros de verán 2015

CARTEL OBRADOIROS DE VERÁN 2015 DA EMT

No mes de xullo a Escola oferta tres obradoiros monográficos: DANZA PARA ACTORES, INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA e  TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO.

OBRADOIRO DE DANZA PARA ACTORES

É un curso con carácter teórico e práctico destinado a toda persoa interesada na arte escénica: directores, actores, bailaríns e afeccionados deste campo que queira ampliar as súas ferramentas expresivas mediante a aplicación dos fundamentos da danza contemporánea, o modern-jazz e cabaré.

Este obradoiro pretende ser un espazo de estudo sobre a importancia da interdisciplina para a creación teatral. O obxectivo é vincular as artes plásticas, a música, a danza e o teatro nun proceso creativo.
Trátase dun curso con carácter teórico e práctico destinado a toda persoa interesada na arte escénica.
O curso consiste na creación de espectáculos de pequeno formato a partir dunha idea concreta e ata a posta en escena da mesma ao finalizar o obradoiro.
Traballaremos sobre unha partitura que dea lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas e na creación dun espectáculo. O traballo afronta a complexidade e a problemática da creación teatral, na presenza do actor ou da actriz no escenario, do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo, así como o uso das emocións, intencións, contradicións e o subtexto.
O punto de partida será una serie de obras pictóricas, composicións musicais, visualizacións de espectáculos ou imaxes de danza.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 29 de xuño- Finalización 3 de xullo.

OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA (cine e TV)
Este obradoiro é un estudo sobre a interpretación ante a cámara e todos os elementos básicos que interveñen nela. Ten un carácter teórico-práctico e está destinado a todas as persoas interesadas na arte da interpretación e a comunicación ante a cámara: actores e afeccionados deste campo.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 6 de xullo – Finalización 10 de xullo.

OBRADOIRO DE TEATRO MUSICAL CONTEMPORÁNEO
Este obradoiro adxudica a mesma importancia á música, á danza e á interpretación, complementando estas tres disciplinas con materias teóricas e prácticas. O Taller de Teatro musical é o punto de confluencia das devanditas doutrinas e tamén o momento onde o alumno pode traballar de forma simultánea con máis dun profesor. A educación que queremos tratar compromete e estimula unha serie de competencias que non son tratadas por outros saberes disciplinares.
A aprendizaxe das linguaxes artísticas e musicais nas súas dimensións sintáctica, semántica e pragmática contribúen a desenvolver a capacidade de abstracción, a formación dun pensamento crítico e diverxente, a apropiación de significados e valores culturais, ao igual que a elaboración e comprensión de mensaxes significativas.
Nesta liña enténdese que os contidos e didácticas das linguaxes artísticas e musicais adquiren un valor específico e constitúen un punto de partida necesario para propiciar unha base cultural común no ámbito da arte, do deseño, da música, da interpretación e da comunicación que permita aos alumnos unha participación consciente, crítica e transformadora da sociedade.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 13 de xullo – Finalización 17 de xullo

O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 8 de xuño e finalizará o 23 de xuño . As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 – interior), en horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org/emt ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 24 de xuño e a formalización de matrícula os días 25 e 26 de xuño. O prezo de cada curso é de de 47,60 euros.
Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

Ficha de preinscrición