“MELODÍAS INCONCLUSAS”

Cartel-melodias-inconclusasA Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o espectáculo “Melodías inconclusas” a cargo do alumnado da Aula de Repertorio.

Esta obra de creación colectiva fala da incomunicación social, dos non-lugares, do sentido do traballo, da emigración; en definitiva ,do camiño que eliximos para compoñer a nosa vida

As representacións terán lugar os venres 8, 15 e 22 de maio, ás 20:00 h, nas instalacións da Escola (av. de Castelao, 87 interior)

A entrada é gratuíta pero dado que o aforo é limitado, necesítase invitación.

As invitacións poden recollerse na secretaría da Escola e poden reservarse por teléfono 986 48 53 24 (de luns a venres de 5 a 8 da tarde) ou por correo electrónico em.teatro@vigo.org

Anuncios

VI XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

CARTEL 2015

Organizadas pola Escola Municipal de Teatro de Vigo, nestas xornadas participan un total de 320 alumnos/as de 13 colexios de educación primaria así como os grupos de Expresión Dramática I e II da Escola que representarán 16 pezas teatrais o longo dos días que duran estas xornadas.

A mostra terá lugar no Auditorio do Concello de Vigo os días 5, 6, 7, 11 e 12 de maio, a partir das 10:00 h da mañá.

PROGRAMA TARJETÓN