V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

CARTEL A vindeira semana terán lugar as “V Xornadas de Teatro Escolar” organizadas pola Escola Municipal de Teatro.

Nestas xornadas participan un total de 345 alumnos/as de 11 colexios de educación primaria así como os grupos de Expresión Dramática I e II da Escola que representarán 16 pezas teatrais o longo dos días que duran estas xornadas.

A mostra terá lugar no Auditorio do Concello de Vigo os días 5, 6, 7, 8 e 12 de maio, a partir das 10:00 h da mañá.

IMAGEN PROGRAMACIÓN

Anuncios

“O TEATRO EN GRANELL”

Este xoves 10 de abril haberá unha nova cita do espectáculo “O Teatro en Granell”, a cargo dos alumnos da Aula de Repertorio da Escola.

A representación terá lugar nas instalacións da Escola (Av. de Castelao, 87 interior) en Vigo, ás 21:00 h.

A entrada será con invitación xa que o aforo é limitado.

IMAGEN CARTEL A3

TRAZOS NAS TÁBOAS

Esta fin de semana, a Escola organiza o evento “Trazos nas Táboas”.

Consiste na representación ante o público de pezas breves (Micro-Teatro).

A mostra terá lugar nas instalacións da Escola, o venres, sábado e domingo, 4, 5 e 6 de abril respectivamente,ás 20:00 h.

Para poder asistir a estas representacións hai que recoller as invitacións na secretaría da EMT,en horario de 17:00 a 20:00 horas, ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén se poden reservar no teléfono 986485324 e mediante correo electrónico, no enderezo electrónico em.teatro@vigo.org. As invitacións son gratuitas.

TRAZOS NAS  TÁBOAS