A TELÒN QUITAO

O programa “A telón quitao” é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.

O obxectivo deste programa é ofrecerlle ao/a alumno/a un espazo de creación teatral libre, onde poida dar renda solta á súa creatividade, ademais de permitirlle subir ao escenario e enfrontarse ao público antes de participar na mostra de final de curso.A próxima representación terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo s/n, ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.

Dibujo

Anuncios